Resultados das sondaxes nun xacemento atípico da Idade do Ferro: Pena Redonda (Pontecaldelas, Pontevedra)

  • González Ruibal A
N/ACitations
Citations of this article
6Readers
Mendeley users who have this article in their library.

Abstract

[gl] O xacemento de Pena Redonda é coñecido desde 1981 a raíz dunha intervención furtiva que sacou á luz restos dunha estructura circular e material da Fase I e II da Cultura Castrexa (800- 400 a. C. / 400-100 a.C). O interese do sitio radica no seu estraño emprazamento, perto dunha chan elevada e dominado por un outeiro. A paisaxe, onde abundan os petroglifos, é mais propia do Bronce que do Ferro, e o lugar tampouco posúe unha morfoloxia típica de castro. A escavación de dúas cabanas, que foran afectadas polos furtivos, deu como resultado a constatación dunha longa ocupación durante as fases I e II, o que fai desbotar a idea de que se trate dun lugar de habitación ocasional e traza cuestións sobre a elección deste lugar determinado. A densidade histórica dos arredores e o particular escenario natural son indubidablemente factores que hai que ter en conta. A inexistencia de niveis posteriores ao século II a. C. -que permitiu a boa conservación dos restos prerromanos- reforza, se cabe, o interese deste xacemento.

Cite

CITATION STYLE

APA

González Ruibal, A. (2005). Resultados das sondaxes nun xacemento atípico da Idade do Ferro: Pena Redonda (Pontecaldelas, Pontevedra). Cuadernos de Estudios Gallegos, 52(118), 173–197. https://doi.org/10.3989/ceg.2005.v52.i118.93

Register to see more suggestions

Mendeley helps you to discover research relevant for your work.

Already have an account?

Save time finding and organizing research with Mendeley

Sign up for free