Implicacións da propiedade da terra na planificación e xestión dos espazos protexidos en Galicia

  • Ferreiro da Costa J
  • Ramil-Rego P
N/ACitations
Citations of this article
6Readers
Mendeley users who have this article in their library.

Abstract

A titularidade dos terreos incluídos nos espazos naturais galegos foi mudando co paso do tempo. Nasprimeiras etapas, os espazos protexidos abranguían áreas de escasa superficie de titularidade ou tutela públicas. A partires da promulgación da política autonómica, o conxunto de espazos naturais protexidos galegos aumentará a súa superficie de xeito espectacular, sobre todo coa posta en marcha da Rede Natura 2000, realizándose este incremento fundamentalmente sobre territorios de titularidade privada. A planificación destes espazos soamente será desenvolvida de xeito heteroxéneo, acumulando prolongados retrasos e conflitos na conservación e xestión dos compoñentes naturais. Dende o ano 2007 ata a actualidade, as declaracións de espazos de iniciativa municipal e privada son as predominantes, executando os correspondentes instrumentos de planificación os propios promotores dos devanditos espazos, amosando unha maior axilidade e eficacia no cumprimento dos prazos que os espazos de tutela autonómica. Neste sentido, na actualidade estanse a configurar novas ferramentas para a xestión e conservación das áreas privadas, como a custodia do territorio, así comose consolidan iniciativas para a declaración de espazos que contribúan á conservación da biodiversidade e a promoción do desenvolvemento sostible, como é o caso das Reservas de Biosfera.

Cite

CITATION STYLE

APA

Ferreiro da Costa, J., & Ramil-Rego, P. (1970). Implicacións da propiedade da terra na planificación e xestión dos espazos protexidos en Galicia. Recursos Rurais, (11). https://doi.org/10.15304/rr.id3329

Register to see more suggestions

Mendeley helps you to discover research relevant for your work.

Already have an account?

Save time finding and organizing research with Mendeley

Sign up for free