O obxectivo deste texto é presentar os resultados das análises carpolóxicas da escavación do Banco de España. Os carporrestos conserváronse nun medio anegado, depositados no interior dunha fosa detrítica no enchemento do primeiro foso medieval de Santiago de Compostela. Cereais e árbores froiteiras son as especies más recuperadas, ademais de plantas silvestres e hortícolas coma o cogombro. O xacemento é un exemplo excepcional das prácticas agrícolas na Idade Media en Galicia.
CITATION STYLE
Teira Brión, A. (2016). Cultivos e froiteiras na Idade Media en Galicia. O conxunto carpolóxico da escavación do Banco de España (Santiago de Compostela). Gallaecia: Revista de Arqueoloxía e Antigüidade, 34. https://doi.org/10.15304/gall.34.3204
Mendeley helps you to discover research relevant for your work.