Mitos do amor romántico

  • Giráldez N
  • Sueiro E
N/ACitations
Citations of this article
6Readers
Mendeley users who have this article in their library.

Abstract

Non se pode negar que o amor ocupa un lugar fundamental na vida das persoas, podendo ser fonte de satisfacción e felicidade ou de insatisfacción e desdita. Resulta difícil ofrecer un significado do amor válido para todos/as, posto que é ao mesmo tempo un sentimento universal e unha construción social, na que interveñen múltiples dimensións: histórica, biolóxica, socio-cultural e individual. Na sociedade occidental prevalece o concepto de Amor Romántico, vinculado a unha serie de Mitos, disfuncións e paradoxos que xeran un modelo normativo de ser parella inalcanzable e imposible. A investigación céntrase nos Mitos, concretamente nos seguintes: do emparellamento, da perdurabilidade ou paixón eterna, da exclusividade, da fidelidade, da equivalencia, da omnipotencia, da media laranxa, do matrimonio e dos celos. A crenza nestes Mitos pode dar lugar ao establecemento de relacións negativas e tóxicas e xerar problemas na saúde psicosocial das persoas, sendo fonte de insatisfacción e infelicidade por teren que enfrontarse continuamente a imposicións contraditorias, entre elas e coa propia natureza do ser humano, imposibles de acadar. As consecuencias poden ir dende o desasosego persoal, o desenvolvemento de sentimentos de frustración e decepción ata a discusións e problemas na parella, máis ou menos intensas. Agora ben, tamén pode chegar a extremos máis dramáticos, dando lugar a dependencia emocional, desigualdade dentro da parella, violencia, etc. Dadas as evidencias da importancia do amor na vida das persoas, xustifícase o interese científico-profesional do estudo. Partindo de que o colectivo de profesionais do Traballo Social debe ser especialmente sensible ás estruturas sociais subxacentes, realizouse unha investigación cuxo propósito foi indagar sobre o Nivel de Aceptación dos Mitos do Amor Romántico por parte do alumnado do Grao en Traballo Social da Universidade de Vigo e a súa relación con diferentes variables (Sociodemográficas, coa existencia de Relación de Parella e coa Autoestima), para o cal utilizouse un Cuestionario estruturado que foi aplicado a 103 suxeitos, e cuxas respostas foron analizadas co SPSS/19. Os resultados indican unha importante aceptación dos Mitos do Emparellamento e a Fidelidade, que acadan porcentaxes en torno ao 70 e 60%, respectivamente; e un rexeitamento elevado do Mito dos Celos, da Perdurabilidade e da Exclusividade, co 75, 67 e o 53%, respectivamente. Atopáronse diferenzas significativas (p

Cite

CITATION STYLE

APA

Giráldez, N., & Sueiro, E. (2015). Mitos do amor romántico. Revista de Estudios e Investigación En Psicología y Educación, 057–061. https://doi.org/10.17979/reipe.2015.0.05.190

Register to see more suggestions

Mendeley helps you to discover research relevant for your work.

Already have an account?

Save time finding and organizing research with Mendeley

Sign up for free