Este traballo aborda unha tipoloxía turística que está en auxe na actualidade: o turismo LGTB (lesbianas, gays, transexuais e bisexuais). Inicialmente, preténdese identificar os desexos, necesidades e expectativas concretas do mercado turístico homosexual, analizando os estudos existentes para, poste-riormente, analizar a situación de Galicia en relación coa oferta e demanda existente mediante unha análi-se cualitativa xunto a un estudo exploratorio de carácter cuantitativo que complementa o primeiro. Unha vez analizados eses aspectos, este traballo pretende determinar e expoñer as directrices básicas a seguir por parte dos diferentes axentes turísticos que queiran atraer o colectivo LGTB.
CITATION STYLE
Otero Paradela, A. B., Alén González, M. E., & Domínguez vila, T. (2015). Turismo LGTB. Unha aproximación ao caso de Galicia. Revista Galega de Economía, 23(1). https://doi.org/10.15304/rge.23.1.2456
Mendeley helps you to discover research relevant for your work.