Xeración de residuos derivados do turismo receptor en Galicia

  • Carrascal Incera A
  • Fernández Fernández M
  • Pereira López X
N/ACitations
Citations of this article
5Readers
Mendeley users who have this article in their library.

Abstract

Estimar o impacto do turismo nunha sociedade significa considerar tanto os beneficios coma os custos asociados á actividade turística. Sen dúbida, o turismo reviste unha importancia económica e social decisiva; porén, o crecemento da actividade turística foi acompañado por dificultades importantes en termos de emisión de gases de efecto invernadoiro, de consumo de auga, de vertidos de auga non tratada, de xeración de residuos, de danos á biodiversidade terrestre e mariña ou da ameaza para a supervivencia da cultura ou das tradicións locais. Na maioría das análises económicas do turismo incídese sobre os beneficios derivados do gasto directo dos turistas, sen detectar nin a existencia de impactos indirectos nin de efectos ambientais. O noso obxectivo é ofrecer unha aproximación ao impacto ambiental da actividade turística a partir da estimación da xeración de residuos vinculada ao consumo dos non residentes. Para satisfacer o vector de demanda final turística necesitamos producir toda unha serie de bens e servizos, e no transcurso desta produción obtemos non só eses bens, senón tamén toda unha serie de residuos físicos que devolvemos á natureza. A partir dunha ampliación do modelo inputoutput é posible obter unha estimación dos residuos xerados directa e indirectamente polo consumo dos visitantes non residentes. Con fins ilustrativos, aplícase o modelo á economía galega.

Cite

CITATION STYLE

APA

Carrascal Incera, A., Fernández Fernández, M., & Pereira López, X. (1970). Xeración de residuos derivados do turismo receptor en Galicia. Revista Galega de Economía, 22(1). https://doi.org/10.15304/rge.22.1.1267

Register to see more suggestions

Mendeley helps you to discover research relevant for your work.

Already have an account?

Save time finding and organizing research with Mendeley

Sign up for free